Xián Lois Alcayde Dans


Nado na Coruña en 1997, é colaborador habitual en programas radiofónicos na emisora Cuac FM e en diversos medios dixitais, tanto revistas como xornais.

Como autor, cultiva tanto o verso como a prosa de ficción e o xornalismo, eido este último ao que dedicou a súa formación académica na Facultade de Ciencias da Información da Complutense de Madrid converténdose na súa profesión actual.

Camiños na sombra é o seu primeiro libro publicado, un conxunto de quince historias co que gañou en xullo de 2016 o I Concurso Balbino de Relatos, centrado no rural galego e que foi merecedor do aplauso unánime do xurado.

Gañador da I edición do
Concurso Balbino de Relatos

Obra: Camiños na sombra