Farmacéutico de profesión, naceu en Alcalá de Guadaira (Sevilla) en 1958, aínda que dende cativo acostumaba visitar cos seus pais a aldea de Desder (Allariz) na que pasaba os veráns rodeado de familia que falaba galego e que reproducía as historias que contaba a xente, as lendas, quedando na súa memoria como algo máxico. Unhas vivencias que fixeron del un galego máis… con acento andaluz.
A súa traxectoria literaria comeza en 1997 coa publicación da súa primeira novela, Severina. Será entón cando xurda o afán por escribir relatos curtos que o levarán a contar con máis dunha trintena de premios.
Destacan entre eles o primeiro e segundo premio no Concurso de Relatos Cortos de la Delegación Provincial de Salud de Sevilla (1997), o primeiro premio no III Certamen Literario de los Céspedes, en Sevilla (1998) e no III Certamen Literario Nacional de San Esteban de Gormaz, en Soria (1998).
En 1999 faise co XVI Certamen Literario Nacional «Cuentos de La Granja», de San Ildefonso e nese mesmo ano tamén gana o IV Certamen Literario de Carrión de los Céspedes, en Sevilla; o II Concurso de Relatos Cortos de la Delegación Provincial de Salud de Sevilla e o Certamen de Cuentos de Castejón, de Navarra.
No ano 2000 acada o primeiro premio no V Certamen Literario de Carrión de los Céspedes, de Sevilla; así como no Concurso de Narración Breve Villa de Pilas, de Sevilla; no Certamen Literario Peña de Tomelloso en Madrid, de Castela A Mancha; e no II Concurso Nacional de Cuentos Canaleta de Punta Umbría, en Huelva.
Finalista doutros tantos certames e numerosos accésit, publica o libro de relatos La Tierra del Maíz (2000), unha recompilación de relatos premiados.
A partir deste momento deixa de presentarse a certames literarios e comeza a escribir soamente para si mesmo e colaborar esporadicamente con varias revistas, pois no se sente un profesional da literatura, senón que só goza dela.

Gañador da III edición do
Obra: Máis alá do río do esquecemento
Concurso Balbino de Relatos