Ricardo Cid Paz


Natural de Ourense, nace en 1974. Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, posúe un Máster en Xestión do Medio Ambiente e realizou estudos de Ciencias Ambientais na UNED. Aínda que profesionalmente se dedica ao mundo da veterinaria, sempre mantivo vivo o interese polo mundo das letras e as artes, de cativo estaba máis encamiñado ao debuxo e a banda deseñada acadando un accésit no Concurso de Banda Deseñada de Ourense, Xuventude 90.

Participou en diversas antoloxías cos seus contos e relatos. Resultou premiado no XI Certamen Literario de Relato Corto y Poesía de Navidad Ciudad de Melilla, na modalidade de relato (2010), mención honorífica no III Premio Internacional Sexto Continente de Relato, seleccionado para a súa publicación no libro Hiroshima, Truman (Ediciones Irreverentes, 2011), finalista do IV Concurso de Microrrelatos Caja de Ávila (2011) e no IV Concurso de Microrrelatos Calle del Sol (2011), segundo accésit no V Concurso de Relato Corto Villa de Mascaraque (2012).

Primeiro premio do X Certame de Relato Curto en Galego Concello de Mugardos (2012), terceiro premio no Certamen Literario Asociación Cultural Santuario Virxe de Armada (2013), finalista do I Concurso de Relatos del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia (2014), accésit no II Certame de Relatos Vigo Histórico coa publicación do libro Relatos na rúa II (Editorial Elvira, 2015), segundo premio no XI Premio de Narrativa Curta do Concello de Curtis (2016), premio do xurado no V Concurso de micro-relato fantástico Libraría Aira das Letras con Os misterios da Lagoa de Antela (2016) e primeiro premio na X edición do Certame Literario Terras de Chamoso (2016).

Gañador da II edición do
Concurso Balbino de Relatos

Obra: De que falarán as árbores