Pepe Peinó


Nado en 1960, estudou Maxisterio na súa cidade natal, Lugo, e é Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Realizou os estudos e Doutouramento na mesma UNED e comezou a elaboración da Tese Doutoral, primeiro na UNED e logo na USC, sen rematala.

Exerceu como profesor de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia no Instituto de Ensinanza Secundaria Alfoz-Valadouro entre os anos 1997 e 2020.

Como dramaturgo, escribiu preto de 100 obras de teatro. Dirixiu o Grupo de Teatro do Instituto Alfoz-Valadouro, e o Grupo de Teatro Xuvenil «A Maseira», dos concellos de Alfoz e O Valadouro. É membro fundador do Grupo Teatral «Raiolas», de Alfoz, para o cal escribiu varias obras, participando tamén como actor. Membro fundador do Grupo Humorístico Trípode e membro do Grupo Teatral «O Centiño», de San Martiño, en Foz.

Así mesmo, no aspecto cinematográfico, dirixiu máis de dez películas. Co instituto Alfoz-Valadouro dirixiu «Malos tempos», película gañadora do Primeiro Certame OUFF Escola, no Festival Ourencine, de Ourense. Tamén logrou varios premios no Certame de Cine do Instituto Monte Carrasco de Cangas do Morrazo. A súa última curta, titulada «Medos», foi seleccionada no Certame organizado na Semana do Cine de Lugo no ano 2020.

Por outra banda, no medio radiofónico dirixiu e presentou o programa de debate «Parolando» na emisora de Radio Valadouro e en Radio Burela. Colaborou tamén noutros programas e na emisora de Radio Foz.

Ten publicadas varias novelas, Escombros, moitos escombros (2015) e A fuxida (2018), ambas en galego, e A Solo no le gustaba su nombre (2020), en castelán. Tamén publicou o libro Vinte obras de teatro afeccionado, unha recompilación de vinte das súas obras de teatro. Participou tamén na preparación da zarzuela O amor de Afonso Reimúndez escribindo o libreto, ao que lle puxo música Xan Carballal, 2019. No ano 2020 gaña a V edición do Concurso Balbino de Relatos.

Gañador da V edición do
Concurso Balbino de Relatos

Obra: Bica de Montouto