Pablo Nogueira


Natural do Carballiño, nace en 1987.

Influído polos seus irmáns comeza, xa de cativo, unha gran paixón pola música e a lectura que desembocará nun amor incondicional polos libros.

En Compostela estuda Maxisterio, Psicopedagoxía e Mestrado en investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario.

Exerce de mestre no ensino público e compaxina esta labor coa súa afección á música, dentro da banda de rock Susie Q’s, colaborando tamén no proxecto instrumental Acuario Sonoro.

A súa faceta literaria chega coa publicación de dous títulos infantís para a estimulación da linguaxe oral en galego, Nube branca quere ser astronauta (Baía Edicións, 2018) e A banda de Reimunda (Baía Edicións, 2019).

Gañador da IV edición do
Concurso Balbino de Relatos

Obra: B.S.O. Banda Sonora Orixinal