Escritor e profesor, apaixonado da divulgación científica. Diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudos para licenciarse en Ciencias Químicas e, posteriormente, doutorarse. Ten participado en numerosos congresos e publicado traballos de investigación en prestixiosas revistas como o Journal of Chromatographic Science ou a revista Afinidad. Na actualidade dedícase á docencia no ensino público e traballa vinculado a proxectos de implantación e desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación aplicadas ao ensino. Pouco a pouco, a súa afección á literatura foi converténdose nunha paixón da que naceron varias publicacións como novelas históricas, de intriga e ensaios de divulgación científica.
Gañador da IX edición do Concurso Balbino de Relatos
Obra: O meigallo dos soños