Baixo o nome de “Balbino”, protagonista da obra máis internacional da literatura galega, Memorias dun neno labrego, do célebre escritor Xosé Neira Vilas, este Concurso Balbino de Relatos nace coa idea de promocionar a nosa literatura así como ás persoas que gustan da escrita na nosa lingua.
O certame Balbino pretende ser un estímulo para todas as persoas que queiran participar na promoción e difusión de Galicia e da nosa cultura, contando cunha periodicidade anual e unha temática sempre vinculada coas nosas tradicións, coa nosa xente, cos nosos costumes, co noso xeito de vida, coas nosas raíces…
Promovido por Edicións Fervenza e pola empresa Técnicas & Gramaxe, este concurso, conta coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas e a colaboración da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, a Deputación de Pontevedra e os Concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.